Escoitar

O goberno local aproba a achega de 240.000 euros de fondos europeos para os parques do Berbés e Camilo José Cela

A Xunta de Goberno aprobou recibir a achega outorgada por ambos os dous proxectos presentados á convocatoria do Ministerio de Sanidade para infraestruturas de vida saudable.

venres, 28 out 2022

Vigo terá dous novos parques infantís, un no Berbés e outro en Camilo José Cela. O goberno local aprobou recibir os 240.000 euros da resolución do Ministerio de Sanidade da convocatoria de fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para proxectos de vida saudable.

A renovación do parque Camilo José Cela supón na súa totalidade unha inversión de 444.347 euros dos cales 120.000 corresponde aos fondos provenientes do Goberno de España. O proxecto inclúe un área ocio, fitness, unha pista deportiva, espazos verdes e novo alumeado e instalacións eléctricas.

Abel Caballero explicou que o parque do Berbés pasará de 50 a 514 metros cadrados. “Vai ser un parque infantil coa temática da Reconquista”, concretou en rolda de prensa. O importe é de 567.749 euros, dos cales 120.000 son provenientes do Plan de Recuperación dotado con fondos europeos Next Generation EU.

Outros asuntos aprobados na Xunta de Goberno se corresponden coa contratación de gasóleo destinada á calefacción e auga quente dos colexios públicos de educación infantil e a Escola Municipal de Música cun importe de 88.556 euros para dous anos.

En material cultural adícanse 7.000 euros ao X Festival Vértixe Sonora e 5.000 euros para o VII Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo 2022. Tamén aprobouse unha subvención ao Club Marítimo de Vigo por un importe de 10.000 euros para o Torneo Internacional de Vela y Piragüismo Concello de Vigo 2022.

Descargar todas as imaxes