Escoitar

O goberno municipal subvencionará 8 ascensores en edificios residenciais

O programa de axudas á instalación de ascensores, mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos ten un orzamento de 50.000 euros.

luns, 31 out 2022

Abel Caballero deu conta da resolución do programa de axudas á instalación de ascensores, mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos, que subvencionará 8 proxectos en distintas zonas da cidade.

O alcalde anunciou que os proxectos presentados se corresponde á vivendas en rúa Zaragoza, rúa Vilagarcía, rúa Barcelona, rúa Regueiro, Eugenio Arbones, Travesía de Vigo, Burgos e San Bernardo. As actuacións subvencionables con ata 3.000 euros inclúen a primeira instalación e ascensores, ramplas, plataformas elevadoras ou obras que teñan por finalidade salvar os desniveis existentes entre as beirarrúas e o portal ou entre o portal e o ascensor.

“Temos que facer unha cidade onde os ascensores teñan presencia nos edificios de 3 ou 4 plantas”, sinalou Caballero. O programa conta cun orzamento de 50.000 euros no 2022 e outros 50.000 euros no 2023.

Descargar todas as imaxes