O Concello mellorará a conexión entre Vía Norte e Canadelo Baixo cunha nova pasarela
Esta nova acción permitirá a conexión peonil entre ambos marxes da autoestrada AP-9, substituíndo a existente e mellorando as súas prestacións en materia de seguridade e accesibilidade.
O Concello mellorará a mobilidade entre Vía Norte e Canadelo Baixo cunha nova pasarela peonil que une ambas zonas da cidade. Abel Caballero informou que haberá unha nova estrutura, substituíndo a existente, que mellora as prestacións en materia de seguridade e accesibilidade.
O orzamento para esta actuación é de 268.000 euros. O alcalde definiu que terá 140 metros de lonxitude, dous de ancho e que “trátase dunha nova mellora para comunicar a cidade”.