Escoitar

O orzamento municipal de 2023 prevé unha baixada real do 17% en taxas e impostos

As contas municipais para o ano que vén subirán o gasto en 100 millóns respecto a 2022 ata elevar a cifra aos 385 millóns. Este incremento é compatible cunha baixada real do 17% en taxas e impostos, que por cuarto ano consecutivo foron conxelados, tal e como avanzou esta mañá o rexedor.

xoves, 3 nov 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou un orzamento de 292.059.835 euros, un 2,29% máis que en 2022, en concreto 6.557.000 euros máis, e 28 millóns máis que en 2021.Tal e como detallou, esta é a cifra de saída nominal do orzamento ao que cómpre incorporar os 10 millóns de euros de fondos europeos que prevé ingresar o Concello. Amais, hai que sumar os 45 millóns de euros aprobados no crédito extraordinario, os 5,2 millóns de euros do fondo para a gratuidade de libros e e outro crédito extraordinario por valor de 33 millóns de euros que imos aprobar definitivamente o mércores, 9 de novembro. Por tanto, o gasto do Concello será 2023 ascenderán a 385 millóns en 2023, fronte aos 285 millóns do presente exercicio, o que supón un incremento de gasto de 100 millóns, un 35% máis, “un aumento sen precedentes na historia de ningún concello”.

O orzamento municipal volve contemplar por cuarto ano consecutivo a conxelación de impostos e taxas significa, unha baixada do 17% en termos reais, dada o índice de inflación. Destacou Caballero que Vigo é a cidade con menor presión fiscal de Galicia e unha das máis baixas de España, ademais de ter débeda cero. “Temos unha situación económica extraordinariamente boa polo que o incremento de gasto de cen millóns é posible sen subir nin taxas nin impostos”, subliñou.

Sobre as partidas do documento, Abel Caballero referiuse ao “gran orzamento” de benestar comunitario, con 56,5 millóns millóns de euros, un aumento del 5% respecto a 2022. Segundo a normativa estatal, este apartado acolle Benestar Social, cun aumento del 20%, Deportes, con unha suba do 5%, a mesma que experimenta a partida de Educación. Respecto á Seguridade e Tráfico, as partidas soben ata os 47,1 millóns, o que supón case un 20%; en Limpeza, hai 44,6 millóns; Cultura, 16,3 millóns (+8%); Transportes, 13,4 millóns, nun apoio importantísmo para os usuarios deste servizo públicoi; Medio Ambiente, 18,2 millóns (+17%) inclúe Parques e Xardíns e Praias e, finalmente, referiuse ao Emprego, con 5,2 millóns, o que supón un incremento dun 15% respecto a 2022.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes