Escoitar

O Concello e a Real Academia Galega abordan a organización do Día das Letras a Francisco Fernández del Riego

Abel Caballero reuniuse este xoves con Víctor Freixanes, director da Real Academia Galega, e con Xesús Alonso Montero, anterior presidente, para coordinar as accións de homenaxe ao escritor e intelectual.

xoves, 1 dec 2022
O alcalde, Víctor Freixanes e Xesús Alonso Montero no transcurso da reunión
O alcalde, Víctor Freixanes e Xesús Alonso Montero no transcurso da reunión

“Queremos que esta conmemoración teña unha especial acción e presenza en Vigo porque del Riego é parte da historia da cidade, da historia cultural e política de Vigo e queremos renderlle unha grande homenaxe”, explicou o alcalde ao remate do encontro.

Caballero, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e Xesús Alonso Montero, académico de número e anterior presidente da entidade, abordaron a organización conxunta dos actos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas de 2023 que estará dedicado á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, “unha persoa que desenvolve toda a súa vida persoal e profesional en Vigo e desde Vigo”.

Así, Vigo acollerá durante todo o ano actos conmemorativos e “fará un recoñecemento da traxectoria e da acción cultural, política e vital” do escritor, intelectual e promotor da Editorial Galaxia.

O alcalde, Víctor Freixanes e Xesús Alonso Montero no transcurso da reunión
Descargar todas as imaxes