Escoitar

Xesús Alonso Montero, Premio Laxeiro 2023

O alcalde informou este xoves do acordo unánime adoptado polo Padroado da Fundación Laxeiro de recoñecer con este galardón a traxectoria do catedrático, ensaísta e ex presidente da Real Academia Galega.

xoves, 1 dec 2022
Xuntanza do patronato da Fundación Laxeiro
Xuntanza do patronato da Fundación Laxeiro

Abel Caballero destacou a unanimidade do Padroado da Fundación Laxeiro na toma desta decisión, explicando que a proposta foi asumida por “tódolos membros do Padrodado”.

O Premio Laxeiro 2023 recae en Xesús Alonso Montero, nacido en Vigo, catedrático emérito de Literatura Galega, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, da que foi presidente entre 2013 e 2017. O alcalde puxo en valor a súa traxectoria como “un dos ensaístas máis importantes e notables de Galicia das últimas décadas, a cultura e desenvolvemento cultural de Galicia na segunda metade do século XX e no primeiro cuarto do século XXI están exemplificados en Xesús Alonso Montero. O acto de entrega do galardón será o vindeiro 23 de febreiro.

Amais, o Padroado da Fundación Laxeiro fixo balance da súa acción en 2022, ano no que, entre outras actividades, se desenvolveron dúas exposicións dedicadas a Laxeiro: Descoñecido 1 e Descoñecido 2 e que se pechará coa mostra “Un poema para Laxeiro”, que se inaugurará o próximo 15 decembro.

Descargar todas as imaxes