Escoitar

Caballero agradece aos taxistas a iniciativa de trasladar a case 200 persoas maiores a gozar das luces de Nadal

O próximo 7 de decembro o colectivo de taxistas volverá poñer en marcha “unha gran iniciativa solidaria” que permitirá a preto de 200 persoas maiores gozar das luces de Nadal. Serán entre 40 e 50 os vehículos que participarán nunha marcha que se recupera despois dun parón de dous anos por pandemia.

xoves, 1 dec 2022

Por cuarta vez e logo de dous anos de suspensión por razóns de pandemia, o colectivo de taxistas de Vigo fará posible que case 200 persoas maiores de todas as residencias xeriátricas da cidade poidan gozar das luces de Nadal. O Cincuenta vehículos trasladarán aos maiores e a unha vintena de coidadores para facer un percorrido por todas as rúas do centro.

Será o próximo 7 de decembro cando se leve a cabo esta caravana solidaria que percorrerá diferentes zonas iluminadas para rematar na Porta do Sol, onde serán recibidos polo alcalde. En rolda de prensa, o rexedor felicitou aos promotores polo “voso empeño e cooperación coa cidade” ao tempo que lles agradeceu o “bo” servizo ofertan aos cidadáns. Na presentación tamén estiveron presentes representantes de Radio Taxi, co presidente, Emilio Mosquera, á cabeza.

Descargar todas as imaxes