O Pleno esixe á Xunta que dote a Vigo dun Punto de Encontro Familiar que “non sexa un garaxe”
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, sinalou que “o local non reúne as condicións adecuadas”. A Corporación Municipal tamén aprobou instar a Xunta de Galicia para que publique uns criterios obxectivos de reparto dos fondos asignados para políticas sociais.
A maioría do Pleno acordou esta mañá instar á Xunta a que dote a cidade dun Punto de Encontro Familiar que sexa digno, seguro e amplo. O texto, defendido pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, solicita ao goberno autonómico cambiar a localización “a Cidade de Xustiza, xa que conta con grandes espazos e tamén vai acoller o Instituto de Medicina Legal e unha escola infantil”. Ademais a concelleira enumerou as múltiples deficiencias do actual espazo, que entre outras, non conta coa ventilación adecuada; unha mala comunicación e falto de seguridade. Esta iniciativa saíu adiante cos votos favorable do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e a abstención do PP.
Moción Política Social
Na sesión plenaria desta mañá tamén recibiu luz verde unha moción socialista que esixe á Xunta a realizar unha publicación dos criterios obxectivos de reparto entre os Concellos para Política Social. Galicia recibiu 56,1 millóns de euros, que atendendo as directrices marcadas polo Goberno, sería: poboación, superficie, poboación dependente, dispersión e grandes urbes. Co apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, o PSOE aprobou este texto que, constou coa abstención do grupo popular.