O alcalde reúnese co embaixador de Malta en España

martes, 9 nov 2021

Abel Caballero e Daniel Azzopardi mantiveron un encontro este martes no consistorio vigués no que tiveron a oportunidade de intercambiar impresións sobre o presente e futuro da cidade e abordar temas da situación actual que viven os dous países, España e Malta, con atención especial ao ámbito turístico.

O Concello e Ecoembes achegan ao Fogar e Clínica San Rafael, AGASFRA e APAMP as doazóns dos vigueses a través de RECICLOS

venres, 5 nov 2021

Abel Caballero agradeceu en rolda de prensa as doazóns que a cidadanía fixo ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas a través deste Sistema de Devolución e Recompensa, que permitirán as tres organizacións levar a cabo diversos proxectos de carácter social na cidade de Vigo. Os puntos obtidos agora servirán de axuda para a Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán de La Palma