A maxistrada Magdalena Fernández Soto será a encargada de redactar o bando da Constitución
O Marco acollerá o martes 6 de decembro a celebración do Día da Constitución. Nesta ocasión, o bando correrá a cargo de Magdalena Fernández Soto, maxistrada da Audiencia Provincial de Pontevedra.
O Concello conmemorará o día da Constitución o martes 6 de decembro cun acto organizado ás 12,00 h no Museo MARCO. Nesta ocasión, anunciou o rexedor, a maxistrada da Audiencia Provincial de Pontevedra Magdalena Fernández Soto será a encargada de redactar e ler o tradicional bando.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Magdalena Fernández accedeu á carreira xudicial en 1988, e ou seu primeiro destino foi Betanzos. En 1990 trasladouse a Bilbao e dous anos máis tarde converteuse en maxistrada do xulgado de 1ª instancia e instrución número 1 de Pontevedra. Desde 1999 é maxistrada da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo. Magdalena Fernández Soto tamén exerce como docente en másters, ademais de participar como poñente en múltiples congresos relacionados co mundo da xudicatura.