Escoitar

O Concello atende un 15% máis de peticións de axuda social que o ano pasado

A concelleira de Política do Benestar, Isaura Abelairas, avanzou esta mañá de luns que as peticións de axuda social aumentaron nun 15% no que vai de ano respecto do 2011. Así o explicou durante unha rolda de prensa na que indicou que o Concello aproba semanalmente axudas de emerxencia social por valor duns 10.000 euros.

luns, 12 mar 2012
1331557126isaura.jpg
O Concello atende un 15% máis de peticións de axuda social respecto ao mesmo período do ano anterior. Un exemplo deste incremento e da situación "dramática" que están a vivir moitas familias en Vigo e que a comisión de valoración composta polas catro unidades de acción social municipais elabora cada venres informes de axudas emerxencia por valor de uns 10.000 euros. "Trátase de peticións que van desde os 20 euros dun recibo da luz a gastos de 960 euros en farmacia e desde o Concello estamos a darlle resposta á xente", indicou.

A concelleira recoñeceu "unha grande preocupación" pola situación que atravesan moitas familias na cidade e apunta que a Xunta non está a cumprir coas súas obrigas. Ademais de eliminar plans concretos, como os das minorías étnicas, -indicou- "a Xunta rebaixou en case 300.000 euros a súa achega ao Plan Concertado, no que o Concello está nestes momentos asumindo case un 60% do mesmo", cando lle correspondería un 33%, posto que son o Estado e a Xunta os que terían a aportar outro 33% cada un. Tamén se referiu a rebaixas en partidas de persoal posto que a administración autonómica eliminou unha subvención de 23.000 euros para contratar traballadores para os servizos sociais.

A paralización do Risga (Renda de Integración de Galicia) por parte da Xunta, que desde novembro non da resposta ás peticións positivas tramitadas desde Vigo tamén mereceu as críticas de Abelairas. Segundo explicou "é inmoral" que a Xunta non conteste ás máis de 370 peticións que chegan desde Vigo desde novembro do ano pasado e que se desglosan deste xeito: novembro: 79; decembro: 128 e xaneiro, 165.
Descargar todas as imaxes