Escoitar

O MARCO proxecta o documental "As silenciadas"

O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade programa o martes,13 de marzo ás 20 horas no museo MARCO a proxección do documental "As silenciadas" no marco das actividades que organizan co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

luns, 12 mar 2012
1331546904assilenciadas2.jpg
Na presentación en Vigo deste documental, estarán Aurora Marco, coguionista, coproductora e narradora e Pablo Ces, director.

"As silenciadas" é un documental que recupera historia de vidas de numerosas mulleres que andiveron na clandestinidade ou apoiaron o movemento guerrilleiro.

Este traballo obtivo o premio á mellor película na categoría "Memoria i Justicia Universal" no Festival Internacional de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramanet", e acaba de ser seleccionado para a Mostra Paralela do Festival Internacional MUJERDOC (Soria)
Descargar todas as imaxes

Máis información