xoves, 6 feb 2025
Abel Caballero avanzou este xoves a licitación das obras das catro ramplas mecánicas da rúa Pintor Colmeiro, desde a rúa Álvaro Cunqueiro ata o centro de saúde, por un importe de 2,5 millóns de euros.
xoves, 6 feb 2025
Cun orzamento de case 900.000 euros, o Concello promove unha nova edición de Vigo Emprega coa contratación de 75 desempregados. Este programa formativo ten por obxectivo facilitar a inserción laboral dos seus participantes.
mércores, 29 xan 2025
O funcionamento do HALO está a ser un “éxito excepcional” tal e como demostran os máis de 4,3 millóns de usuarios rexistrados desde a súa inauguración, o 16 de febreiro do ano pasado. Nestes momentos, estanse a revisar os vidros abatibles da pasarela dentro do protocolo de mantemento da instalación.
luns, 27 xan 2025
O alcalde informou este luns do desenvolvemento da tramitación para a reforma da bancada do Estadio Municipal de Balaídos, unha obra que será compatible co uso das pistas de atletismo.
venres, 24 xan 2025
O goberno municipal adxudicou este venres o segundo lote das novas obras de humanización programadas en parroquias de Vigo. “Contratamos as obras de 14 rúas de 10 parroquias”, explicou o alcalde ao anunciar que en marzo comezará a substitución do empedrado da rúa Doutor Cadaval por asfaltado pulido.
venres, 24 xan 2025
O rexedor relatou en rolda de prensa que "o 27 de xaneiro firmaremos o contrato dos labores de coordinación de seguridade e saúde da obra”, o que permite comezar a reforma.
xoves, 16 xan 2025
Abel Caballero anunciou hoxe a contratación das obras de humanización de catorce rúas de dez parroquias do rural por 1.145.000 euros.
venres, 27 dec 2024
O alcalde anunciou que desde o vindeiro luns 30 de decembro ata o 13 de xaneiro estará en funcionamento o ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Menéndez Pelayo e a Avenida de Camelias. Abel Caballero explicou que aínda que o elevador está en reparación, as distintas fases da execución das melloras van permitir que poida estar operativo de forma eventual.
venres, 27 dec 2024
A Xunta de Goberno aprobou este venres o “último paso definitivo” para que as obras da nova bancada de Gol de Balaídos comecen o día 28 de xaneiro, segundo recalcou Abel Caballero.
venres, 27 dec 2024
O Goberno municipal aprobou a licitación das obras de construción das ramplas mecánicas do Paseo de Granada. Facilitarán o tránsito e discorrerán entre a parte alta da rúa II República e a Praza do Bicentenario. Contarán cun investimento de 3.344.461 euros. Así o explicou este venres Abel Caballero ao indicar que o obxectivo do proxecto é facilitar ao máximo os desprazamentos dos peóns desde a Porta do Sol ata a parada de autobús da Avenida de Camelias próxima a Praza do Rei, o Monte do Castro, e a rúa Venezuela.