luns, 28 feb 2022
O Concello acometeu a construción de beirarrúas creando un itinerario peonil e a mellora da zona do parque infantil. “Seguimos traballando no centro e no rural onde facemos ducias de humanizacións”, apuntou o rexedor.
xoves, 24 feb 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto de humanización do tramo comprendido entre a rúa Lamelas e o acceso peonil ao barrio de Navia desde a VG-20.
mércores, 23 feb 2022
O Ministerio de Transportes resolveu favorablemente aos proxectos presentados polo Concello, que utilizará os fondos para o desenvolvemento das ramplas da Gran Vía, o ascensor HALO e a Vía Verde.
martes, 22 feb 2022
O alcalde visitou este martes as obras que se están executando na contorna da Praza da Estación que inclúen dous túneles coa AP9 e o acceso en superficie á estación de autobuses e á autoestrada desde o aparcamento de Vialia. “No mes de xullo estará todo acabado”.
luns, 21 feb 2022
A Xunta de Goberno Local deu conta da tramitación da renovación do abastecemento en Rosal Florido e a súa contorna en Sampaio así como a mellora da EDAR de Bouzas, dous proxectos que suman dous millóns de euros de orzamento.
venres, 18 feb 2022
O Concello recibiu as autorizacións sectoriais “polo que podemos continuar coa aprobación do ascensor HALO, o ascensor urbano máis importante do mundo”, expresou en rolda de prensa.
venres, 18 feb 2022
Esta actuación tivo un orzamento de 153.984 euros. Recentemente houbo 35 actuacións en vías e rúas do rural por un importe cerca dos 4 millóns de euros.
venres, 18 feb 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do subministro de enerxía procedente de fontes 100% renovables en media e baixa tensión para diferentes instalacións municipais. Aprobouse tamén o VIII Programa de medianeiras cun orzamento de 480.000 euros.
martes, 15 feb 2022
Os restos aparecidos na rúa Elduayen pertencen a casas datadas entre o século XVIII e XIX, sen outros materiais anteriores. Do pasadizo non hai novidades máis alá do que xa figuraba no proxecto da obra.
martes, 15 feb 2022
O alcalde participou este martes no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra que converterá a praza nun espazo “con decidida vocación de cultura ao aire libre”. Amais, o goberno municipal supera os 4 millóns de euros de investimento en humanizacións no rural.