martes, 15 feb 2022
Os restos aparecidos na rúa Elduayen pertencen a casas datadas entre o século XVIII e XIX, sen outros materiais anteriores. Do pasadizo non hai novidades máis alá do que xa figuraba no proxecto da obra.
martes, 15 feb 2022
O alcalde participou este martes no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra que converterá a praza nun espazo “con decidida vocación de cultura ao aire libre”. Amais, o goberno municipal supera os 4 millóns de euros de investimento en humanizacións no rural.
martes, 15 feb 2022
O Concello vén de recibir do goberno autonómico a proposta de humanización do subsolo desta vía de titularidade autonómica, da que a Xunta asumiría soamente a superficie.
venres, 11 feb 2022
O goberno de Vigo inaugurou este venres a primeira fase da reforma e o alcalde anunciou a elaboración do proxecto para estendela ata Sanjurjo Badía e finalizar así a humanización de toda a rúa.
martes, 8 feb 2022
Abel Caballero informou do avance na tramitación do proxecto construtivo do ascensor entre García Barbón e Vía Norte, que sairá a licitación por 12,6 millóns de euros, o que supón un incremento do orzamento dada a alza das materias primas e os custos de construción.
luns, 7 feb 2022
A humanización desta rúa de Cabral forma parte dunha trintena de obras que o goberno municipal vén de realizar en diferentes zonas do rural cun investimento de 1.300.000 euros.
venres, 4 feb 2022
O orzamento é de 4.234.000 euros, parte deles solicitados aos fondos Next Generation do ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O prazo previsto das obras é de 8 meses.
venres, 4 feb 2022
Abel Caballero remitiu este venres unha carta a Alberto Núñez Feijóo reiterándolle que nas súas declaracións do 21 de xaneiro sobre a autovía en túnel entre Vigo e Porriño afirmou que “non se debía construír”.
xoves, 3 feb 2022
O importe da obra foi de 362.000 euros. Ademais das novas beirarrúas e a nova estética, tamén renováronse as redes de saneamento e abastecemento.
xoves, 3 feb 2022
O Concello solicitou hai tres meses a Patrimonio autorización para o traslado do o hórreo situado en Samil co fin de avanzar nas obras de recuperación do sistema dunar da praia que, na primeira fase, abranguen ata a zona do Camaleón.