Abel Caballero anuncia que “Vigo será candidata a ser sede do Mundial 2030”
venres, 22 xul 2022O rexedor vigués comunicou esta maña que tras realizar os estudos pertinentes, o estadio de Balaídos poderá cumprir con todos os requisitos.
O rexedor vigués comunicou esta maña que tras realizar os estudos pertinentes, o estadio de Balaídos poderá cumprir con todos os requisitos.
O alcalde inaugurou este venres o tramo dun quilómetro de longo, aproximadamente, coa previsión de que o resto da senda, que supera os 4 quilómetros chegando ata o límite con Redondela, poida entrar en funcionamento en “dúas ou tres semanas”.
O alcalde e a presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, María Luisa Domínguez, rubricaron o convenio de cesión á cidade de dúas parcelas pertencentes á antiga liña ferroviaria de baixada ao porto e a transmisión ao seu favor dunha parcela municipal na rúa Aragón.
Abel Caballero mantivo onte unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Carolina Darias, na que, como presidente da FEMP, asinou a convocatoria de 18 millóns para as entidades locais dentro de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Vigo concorrerá co máximo importe, 300.000 euros, para a construción dos parques infantís de Camilo José Cela e o Berbés.
O alcalde avanzou que este xoves 21 de xullo rubricará en Madrid, coa presidenta de ADIF, María Luisa Domínguez o convenio patrimonial e urbanístico entre o Concello e o administrador ferroviario.
O alcalde achegouse ata as obras de Porta do Sol para coñecer de primeira man o avance das obras, que seguen “en tempo e forma” tras os resultados dos restos arqueolóxicos da Casa da Mora de Policarpo Sanz.
Onte mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España e Portugal. Caballero asegura que “está falando co arquitecto da reforma de Balaídos para estudar as posibilidades de ampliación de aforo e ámbitos técnicos”.
O alcalde informou este xoves da execución dos traballos que permitirán determinar as condicións e a capacidade do terreo para albergar o Indoor Park de Navia, que permitirá a práctica de skate, bmx, scooter e roller.
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou este martes a adxudicación da contratación das obras do paseo fluvial no río Lagares, no tramo comprendido entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. O alcalde deu conta este martes da evolución doutras obras da cidade.
Abel Caballero participou este luns na colocación simbólica da primeira pedra da sexta e última fase de humanización da rúa, que quedará completada nun prazo de seis meses.