Vigo lidera a implantación da Axenda 2030 con máis de 600 accións en marcha
Abel Caballero detallou esta mañá o Plan de Acción da Axenda Urbana, unha folla de ruta que xa está en marcha, convertida nunha “gran palanca de mobililzación e captación de recursos europeos”. Con máis de 600 medidas en marcha, Vigo xa é líder na implantación dos obxectivos previstos ata 2030.
O alcalde avanzou esta mañá que durante a última década Vigo xa implementou 600 medidas aliñadas cos diferentes obxectivos que promove a Axenda Urbana, o que mostra o liderado do Concello en materia de desenvolvemento sostible. O pasado luns, a Xunta de Goberno aprobou o Plan de Acción da Axenda Urbana de Vigo, é dicir, o documento no que converxen todas as políticas realizadas desde o Concello, as presentes e as futuras.
Tal e como detallou, o Goberno local vai seguir a traballar na captación de fondos europeos con actuacións que sitúan ao cidadán no centro da súa acción, humanizando a cidade en catro dimensións: Vigo intelixente, Vigo integrador, Vigo sostible e Vigo resilente.
Son dez os eixos estratéxicos que contempla do documento, comenzando por un Vigo ao natural, enfocado a fortalecer a dimensión ambiental con actuacións como a rexeneración do Lagares, a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, a renaturalización de O Vao e Samil ou o proxecto de anel verde, que a Xunta mantén bloqueado.
O segundo dos epígrafes fala de Vigo como espacio metropolitano ordenado e verde, da man do PXOM que se está a tramitar, o Vigo Vertical (ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas) ou as humanizacións. Tamén merece especial atención Vigo, cidade neutra de carbono, cun Plan de Acción para o clima e a Enerxía Sostible, un plan de emerxencia contra a seca ou plans de mobilidade ou contra o ruído.
O cuarto dos eixos alude a Vigo como cidade sostible aberta ao mundo, favorecendo a economía circular, o programa Vigo smart city, un plan de xestión eficiente de residuos, actuacións na potabilizadora e a EDAR ou a xestión eficiente da auga. A cidade é tamén un área urbana dinámica y en avance, sumando cuestións como un Plan director de mobilidade ciclista e VMP, creación de zonas de baixas emisións.
O documento destaca tamén un Vigo acolledor e amable que traballa con Red.es para un deseño de edificios intelixentes, ten un Plan de Atención ás persoas maiores e conta cun plan a favor da igualdade social e dixital. O sétimo dos eixos fala dun Vigo que emprende e crece coa modernización empresarial e a incentivación de novos sectores produtivos, un Plan director de turismo urbano sostible, rehabilitación de mercados municipais ou actuacións de apoio a zonas comerciais.
A vivenda tamén merece un epígrafe coa aprobación dun PXOM libre de especulación, rehabilitación de edificios, a promoción municipal de vivenda protexida (como a prevista na zona de Santa Cristina) ou a humanización de espazos públicos. Vigo, un entorno de excelencia, coñecemento e innovación que pasa por fortalecer o sistema local de innovación e mellorar a coordinación da actuación público-privada.
Finalmente, o Plan de Acción da Axenda Urbana de Vigo alude á cidade como proxecto de vida compartido co impulso da gobernanza e transparencia, a creación dunha cultura de corresponsabilidade coas políticas urbanas, favorecer a participación cidadá e impulsar a cooperación, seguindo aplicando a maior política social da historia.
Caballero explicou que o Concello vai seguir nesta liña para a captación de fondos europeos para avanzar na humanización da cidade; na prevención e redución dos efectos do cambio climático; na xestión sostible de recursos e impulso da economía circular; sostenibilidade e descarbonización da mobilidade; fomento da cohesión social e a equidade; impulso da economía social e fomento de novos sectores económicos -como o turismo -; o fomento do acceso á vivenda e a innovación e transformación dixital. Concluíu cualificando este plan como unha gran palanca de mobililzación e captación de recursos cara á cidade.