Urbanismo
O goberno de Vigo urxe unha comisión bilateral Concello-Zona Franca para a Panificadora
xoves, 15 set 2016Abel Caballero remitiulle un escrito á delegada do Consorcio propoñendo constituir unha comisión para comezar a traballar, "sen perder un día", na recuperación da Panificadora e estudar as fórmulas xurídicas para facelo. O Concello require tamén doutra comisión para afrontar as ampliacións do PTL e do polígono para Citroën.
O Concello buscará "o acordo continuo cos sindicatos" na elaboración do novo PXOM
xoves, 8 set 2016Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIGA para abordar as consecuencias da anulación do PXOM e compartir con eles os pasos dados polo goberno de Vigo para resolver este problema, comprometéndose a mantelos informados de todos os avances.
O rexedor pide celeridade e cooperación á Xunta na tramitación do PXOM
mércores, 7 set 2016Abel Caballero sinalou que, para a tramitación dun novo PXOM, o Concello solicitou en marzo un informe ao SERGAS sobre as dotacións sanitarias da cidade que aínda non recibiu resposta da Xunta que pediu "algo máis de tempo para elaboralo". Amais anunciou que esixirá á Xunta as reclamacións patrimoniais derivadas da anulación do PXOM.
O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM
venres, 2 set 2016Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é "responsabilidade da Xunta".
O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés
venres, 2 set 2016O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der "un grande obxectivo".
O alcalde ve no informe Parejo a vía "axeitada e con seguridade xurídica" de ter o PXOM en vigor
xoves, 1 set 2016Concello e colexios de Arquitectos e Arquitectos Técnicos teñen unha visión "coincidente", valorou Caballero este xoves, sobre a opción proposta polo prestixioso xurista Luciano Parejo para cumprir a sentencia anulatoria do Plan Xeral de 2008, que pasaría por un novo informe ambiental elaborado pola Xunta.
Concello e Círculo de Empresarios concordan na "conveniencia" de solicitar á Xunta un novo informe ambiental para o PXOM
martes, 30 ago 2016O alcalde trasladoulle este martes ao presidente e ao vogal do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell e Serafín Ocaña, a liña de actuación que seguirá o Concello para cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que anula o PXOM, solicitándolle á Xunta un novo informe ambiental estratéxico, unha solución que os empresarios estiman "conveniente" ao contar co aval do mellor xurista de España en materia de urbanismo.
O Concello proponlle á Xunta que un novo informe ambiental estratéxico avalaría o PXOM de 2008
mércores, 24 ago 2016Abel Caballero explicou este mércores que esta solución, avalada polo prestixioso experto Luciano Parejo, da cumprimento á sentencia xudicial e permitiría ter o Plan integramente en vigor. A Xunta de Galicia ten o requirimento do goberno de Vigo para que proceda "de forma rápida" nesta dirección, avanzou o alcalde
O Concello solicita á Xunta 800.000 euros para axudas á rehabilitación de vivendas
martes, 9 ago 2016É o mesmo importe que achega o Concello no convenio do Plan Estatal de Vivenda, segundo explicou hoxe martes Abel Caballero, quen reclamou á Xunta que inclúa unha partida ao efecto nas súas contas de 2017.<br />