O Concello emitirá informe favorable sobre o proxecto de integración de Vialia e a estación de autobuses
<br /> O alcalde de Vigo avanzou que mañá se emitirá informe positivo sobre o proxecto que integrará a estación de Vialia e a de autobuses. Ese documento incorporará un novo acceso desde a rúa Lepanto á autoestrada en túnel así como a eliminación do viaduto elevado de Alfonso XIII.
O alcalde asinará mañá mércores o informe de alegacións ao proxecto de integración da estación de Vialia e a estación de autobuses. En declaracións aos medios, o rexedor deu conta da presentación de dúas alegacións, unha dun particular e outra da Asociación A Golpe de Pedal, quen reclama máis prazas de aparcamento para bicicletas e recuperación da antiga vía do tren como senda verde.
O informe municipal, reiterou, será positivo e incorporará como unha mellora o túnel desde a rúa Lepanto á autoestrada -que non estaba no proxecto que se someteu a exposición pública- e a eliminación do viaduto elevado de Alfonso XIII, o que permitirá que a rúa perda as súas actuais limitacións de tráfico. O rexedor reiterou o seu "recoñecemento" a Adif por adxudicar o proxecto e confiou en que a Dirección Xeral de Estradas tamén se pronuncie a favor desta actuación.