Escoitar

O alcalde sinala que a prórroga do contrato de limpeza permite aforrar 4 millóns de euros

Segundo explicou, coa aprazamento dun ano aprobado pola Xunta de Goberno Local, o Concello manterá os estándares de calidade da limpeza e destinará os catros millóns de euros de aforro a humanizacións e políticas sociais e de emprego. <br />

martes, 4 abr 2017
Abel Caballero deu conta este martes da aprobación da prórroga do contrato de prestación do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria por un ano, tal e como contemplan os pregos do mesmo, dixo.

"É a cidade máis limpa de España e a prórroga permitiranos aforrar catro millóns de euros porque non está suxeita a amortizacións", xa que o material é municipal e está amortizado na súa totalidade. Así, engadiu, aforraremos catro millóns de euros para humanizar rúas e destinar máis a política social e de emprego

O proceso de estudo e elaboración dos informes previos á licitación do contrato iniciouse en novembro de 2015 e, para o rexedor, o aprazamento significa que o Concello "manterá o estándar de calidade" que lle permitiu recibir nos últimos cinco anos 5 escobas de platino pola limpeza e calidade da mesma na cidade.