venres, 18 nov 2016
Ata o 20 de xaneiro poderán presentarse propostas para o concurso de ideas, dotado con 125.000 euros, tras a decisión aprobada polo Consello da Xerencia de Urbanismo ao coincidir co período de Nadal. Ademais, o goberno municipal aprobou a clasificación de ofertas para humanizacións e asfaltados en parroquias por un importe de 1.992.557 euros.
mércores, 2 nov 2016
O rexedor participou esta mañá na constitución da mesa de coordinación entre administracións para facer un seguimento do proxecto desde "a cooperación". Caballero, quen amosou a súa "satisfacción" confiou en que o traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do Hospital Xeral "estea rematado en 2019 coa excelencia coa que está a ser proxectado".
venres, 28 out 2016
O goberno local arrancou hoxe a recuperación da Panificadora coa dotación de 2,5 millóns para a compra de terreos na zona. O rexedor recalca a importancia dunha decisión "que levabamos esperando medio século".
luns, 24 out 2016
Abel Caballero destaca o proxecto como "un dos logros históricos da cidade" por ser a alta velocidade "clave" para Vigo e avanza que a integración da estación do AVE coa de autobuses, proposta por Fomento, contará co visto bo e a tramitación municipal.
luns, 10 out 2016
O goberno local levará este martes á Comisión técnica coa Zona Franca a folla de ruta prevista para a rehabilitación do edificio e a contorna que contempla a elección do proxecto a través dun concurso público coa idea de conservar ao máximo as instalacións industriais, incluír espazos abertos para a cidadanía e co obxectivo de atraer a unha empresa tecnolóxica que dinamice a Panificadora, onde debe situarse o Centro de Investigación Gastronómica e unha biblioteca.