Urbanismo
A comisión técnica Concello-Zona Franca sobre a Panificadora arranca o luns 10 de outubro
xoves, 6 out 2016O Concello e a Zona Franca porán en marcha o luns día 10 a comisión mixta para impulsar a rehabilitación da Panificadora. Tal e como avanzou o rexedor, a recuperación deste edificio é un tema central na cidade que non pode atrasarse máis tempo.
O Concello expropiará os terreos para a ampliación do IFEVI
mércores, 5 out 2016O alcalde valorou positivamente este mércores a vontade de todas as partes para que a ampliación do recinto feiral sexa unha realidade na celebración de CONXEMAR o vindeiro ano 2017. Ademais declarou que a repercusión da feira na cidade está sendo "notable".
O alcalde eloxia a elección de Alfonso Penela para deseñar a futura Cidade da Xustiza no edificio do Xeral
mércores, 5 out 2016O deseño da futura Cidade da Xustiza leva a sinatura do arquitecto Alfonso Penela o que, en opinión do alcalde, "é unha garantía". Caballero cualificou de éxito colectivo o inicio da recuperación do antigo edificio do Xeral.
O goberno de Vigo traballa "en catro direccións" para "relanzar a edificación" na cidade
luns, 26 set 2016Para "relanzar a edificación en Vigo" e "corrixir a ausencia do Plan 2008", o alcalde explicou este luns aos responsables de APEC que o Concello avanza en catro vías: a elaboración dun novo Plan Xeral, modificacións puntuais do Plan do 93, empregar a Lei 3/2016 de proxectos urxentes e presentar á Xunta propostas lexislativas adicionais.<br />
O goberno de Vigo urxe unha comisión bilateral Concello-Zona Franca para a Panificadora
xoves, 15 set 2016Abel Caballero remitiulle un escrito á delegada do Consorcio propoñendo constituir unha comisión para comezar a traballar, "sen perder un día", na recuperación da Panificadora e estudar as fórmulas xurídicas para facelo. O Concello require tamén doutra comisión para afrontar as ampliacións do PTL e do polígono para Citroën.
O Concello buscará "o acordo continuo cos sindicatos" na elaboración do novo PXOM
xoves, 8 set 2016Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIGA para abordar as consecuencias da anulación do PXOM e compartir con eles os pasos dados polo goberno de Vigo para resolver este problema, comprometéndose a mantelos informados de todos os avances.
O rexedor pide celeridade e cooperación á Xunta na tramitación do PXOM
mércores, 7 set 2016Abel Caballero sinalou que, para a tramitación dun novo PXOM, o Concello solicitou en marzo un informe ao SERGAS sobre as dotacións sanitarias da cidade que aínda non recibiu resposta da Xunta que pediu "algo máis de tempo para elaboralo". Amais anunciou que esixirá á Xunta as reclamacións patrimoniais derivadas da anulación do PXOM.