O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

venres, 2 set 2016

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é "responsabilidade da Xunta".

Concello e Círculo de Empresarios concordan na "conveniencia" de solicitar á Xunta un novo informe ambiental para o PXOM

martes, 30 ago 2016

O alcalde trasladoulle este martes ao presidente e ao vogal do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell e Serafín Ocaña, a liña de actuación que seguirá o Concello para cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que anula o PXOM, solicitándolle á Xunta un novo informe ambiental estratéxico, unha solución que os empresarios estiman "conveniente" ao contar co aval do mellor xurista de España en materia de urbanismo.

O Concello asina a licenza para a ampliación do CEIP Castelao de Navia

mércores, 3 ago 2016

O alcalde informou de que a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, "coa maior celeridade" xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Caballero urxe á Xunta a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.