Urbanismo
O goberno local asegura que o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral permitirá mellorar este servizo público
luns, 14 mar 2016A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, insistiu esta mañá de luns na ideoneidade de trasladar a Cidade da Xustiza ao antigo Xeral. Tal e como explicou na sinatura do protocolo para o cambio de uso destas intalacións sanitarias, Silva enfatizou que esta ubicación permitirá prestar un mellor servizo público á cidadanía.
Silva felicita á cidade pola consecución do novo edificio da Tesourería da Seguridade Social
luns, 14 mar 2016A tenente de alcalde, Carmela Silva, participou este luns no acto de colocación da primeira pedra do futuro inmoble, no solar da Metalúrxica, en García Barbón, e amosou a "enorme satisfacción e ledicia" da cidade pola construción da sede, obra que definiu como unha "nova batalla que gañan as viguesas e os vigueses".
O Concello outorga ao Celta a licenza para reformar a súa sede da rúa Príncipe
venres, 11 mar 2016Abel Caballero deu conta este mañá da aprobación da solicitude de licenza por parte da Xerencia de Urbanismo polo que, dende hoxe, o club pode iniciar as obras de reforma do inmoble situado no número 44 da rúa Príncipe. A presenza do Celta no centro da cidade é do "agrado" do rexedor porque será "un novo dinamizador" de Vigo.
O Concello recupera a "rúa das Reyes" que recoñece o papel destas dúas mulleres na Reconquista de Vigo
luns, 7 mar 2016Bouzas volve contar desde este luns coa "Rúa das Reyes, Heroínas da Reconquista de Vigo", en recoñecemento ás irmás Josefa e Aurora Reyes, grazas ao descubrimento da placa encabezado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. O goberno de Vigo repara o erro histórico cometido polo franquismo ao traducir o seu nome orixinal por "Rúa dos Reis".
O Concello devolverá o 100% da taxa das licencias solicitadas segundo o PXOM anulado
venres, 4 mar 2016Abel Caballero anunciou este venres que o goberno de Vigo devolverá todo o abonado en concepto de taxa de licencia a aqueles que a solicitaran ao amparo do anulado Plan do 2008 e que non poidan edificar coa normativa en vigor -o PXOM de 1993-. O Concello modifica así a ordenanza, que só obligaba á devolución do 50%.
Caballero cifra en 30 millóns os investimentos no Casco Vello baixo o seu mandato
mércores, 2 mar 2016O alcalde amosouse "encantado" pola celebración do aniversario do Consorcio do Casco Vello -do que o Concello forma parte- cun paseo pola zona alta e actos institucionais. Caballero engadiu que os 30 millóns adicados ao casco histórico vigués polo seu goberno son "cifras moi significativas da nosa acción", e nomeou a Pinacoteca, as humanizacións, a UNED e os Coidadores de Barrio, entre outras.
Alcalde e traballadores avogan por conveniar o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral
martes, 1 mar 2016Nunha reunión celebrada este martes, os representantes dos traballadores trasladaron a Abel Caballero que ven ben a proposta do alcalde de asinar un convenio entre as administracións implicadas no proxecto, para obter "certezas" da súa viabilidade técnica, do financiamento e da cesión gratuíta da torre.<br />