Alcalde e traballadores avogan por conveniar o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral
Nunha reunión celebrada este martes, os representantes dos traballadores trasladaron a Abel Caballero que ven ben a proposta do alcalde de asinar un convenio entre as administracións implicadas no proxecto, para obter "certezas" da súa viabilidade técnica, do financiamento e da cesión gratuíta da torre.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, continuou este martes cos representantes dos traballadores do sector coa ronda de reunións convocada para abordar o proxecto de traslado da Cidade da Xustiza á torre do Xeral.
En declaracións aos medios, o primeiro edil indicou que os traballadores demandan "información do proxecto", posto que a desinformación lles xera "inquietude", o cal "me parece bastante razoable, por outra parte". A partir de agora, abondou, "teremos que empezar a ter as certezas", que o Concello solicitará á Xunta de Galicia.
Caballero valorou que ao comité lle parece ben a sinatura dun convenio entre Concello, Xunta e a Seguridade Social, proposta polo propio rexedor vigués, que certifique "que o proxecto é tecnicamente viable, que ten financiamento e que se produce a cesión gratuíta" da torre do Xeral para o seu desenvolvemento.
Descargar todas as imaxes