Escoitar

Caballero anuncia novos proxectos de conexión vertical para "seguir compactando a cidade"

O alcalde de Vigo anunciou este martes catro novos proxectos de conexión vertical que previsiblemente arrincarán este mesmo ano. Na súa opinión, seguir avanzando no Vigo Vertical é unha forma de compactar a cidade, salvando dificultades orográficas.

martes, 1 mar 2016
O alcalde de Vigo referiuse en primeiro lugar á continuación das escaleiras mecánicas de II República ata a rúa Abeleira Menéndez, unha vez que xa está operativo o primeiro tramo. En segundo lugar, mencionou un investimento de 350.000 euros para unir a rúa San Salvador con Pizarro, onde aínda se está estudando a solución técnica (elevador, rampa ou escaleiras mecánicas), dentro do proxecto "Vigo Vertical", estratexia EDUSI, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Tamén está prevista unha conexión vertical entre Torrecedeira e Pi y Margall por unodos laterais do parque Camilo José Cela, ademais dunhas escaleiras mecánicas entre Marqués de Valadares e a Porta do Sol.

Caballero confirmou que hai dotación económica para todas estas actuacións xa que o Concello conta con dúas ampliacións orzamentarias para poder investir: o superávit do pasado exercicio e o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra.