venres, 4 mar 2016
Abel Caballero anunciou este venres que o goberno de Vigo devolverá todo o abonado en concepto de taxa de licencia a aqueles que a solicitaran ao amparo do anulado Plan do 2008 e que non poidan edificar coa normativa en vigor -o PXOM de 1993-. O Concello modifica así a ordenanza, que só obligaba á devolución do 50%.
venres, 4 mar 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e o edil de Deportes, Manel Fernández, mantivo hoxe unha reunión con dirixentes, adestradoras e xogadoras dunha ducia de clubs femininos locais ou que teñen equipos femininos ademais de masculinos. O motivo foi o de falar do Día Internacional da Muller e tamén dunha nova proposta municipal.
venres, 4 mar 2016
Abel Caballero recibiu este venres a representantes da Agrupación Polideportiva de Coruxo, da Asociación de fútbol sala Aspovigo, da Federación Galega de Tenis, da Federación galega de squash, de Vigo en xogo e da Asociación Veciñal Monte da Mina cos que ratificou o programa de utilización das instalacións municipais sen custo para estas entidades, no que supón "unha nova axuda á acción deportiva", en palabras do rexedor.
venres, 4 mar 2016
A Xunta de Goberno Local aprobou as Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos para o curso 2016/2017.
venres, 4 mar 2016
Actividades para cativas e cativos no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organizan en marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.<br />
venres, 4 mar 2016
A Concellería de Participación Cidadá, debido a demanda da cidadanía, organiza cursos de alfabetizacion dixital durante os meses de marzo, abril, maio e xuño na aula de formación TIC da rúa Oporto, 2.
venres, 4 mar 2016
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2016 ata o 11 de marzo do presente ano.