Escoitar

Certame escolar de improvisación oral

Este venres,4 de marzo ás 10 horas no Centro Cultural de Valadares celebrarase un novo certame escolar de improvisación oral. Asistirán alumnado, preto de 600, da ESO e bacherelato de Vigo.

xoves, 3 mar 2016
1457011415certaregueifas.jpg
Durante o mes de febreiro, 12 centros de ensino acollen os obradoiros de improvisación. Dous obradoiros nos que Pinto d'Herbón e Luís O'Caruncho achegan o seu saber sobre a improvisación e apréndelles a arte de improvisar. Ao tempo que van descubrindo novos e novas valores que participarán no certame escolar. É alumnado da ESO e de BAC o que, ao redor de 600, participará, a partir das 10.00 h no Centro Cultural de Valadares, desta nova xornada de improvisación oral. Deste, ao redor de 100 improvisarán-micro en man- perante as e os seus compañeiros e profes. Alumnado de Vigo e convidados de Vila de Cruces, onde tamén realizan esta actividade e veñen ate a nosa cidade para compartir esta xornada.

Foi no ano 2001, cando comezamos cos obradoiros de improvisación oral para escolares. 4 foron os centros que participaron e uns 100 alumnos e alumnas foron quen de improvisar na rúa, concretamente na praza da Constitución. Así xorde a idea de levar a cabo un certame escolar de improvisación oral, no que non hai gañadores, senón participantes, pero onde si gaña o compartir todas e todos unha mañá no que a tradición oral e a lingua de noso é o eixo deste xeito de aprendermos e gozarmos mostrando as nosas dotes de improvisadores/as.
Descargar todas as imaxes