Un grupo de alumnos da Asociación Down-Vigo traballarán na horta urbana de Sardomela
O Concello pon en marcha unha vez máis os cursos de formación para poder traballar en calquera das cinco hortas urbanas existentes na actualidade e ás que se vai sumar unha máis en Ramón Nieto. Outra das novidades deste ano será a incorporación de alumnos de Down Vigo que van traballar na de Sardomela.
O próximo sábado 5 de marzo arrincarán os cursos básicos de hortas urbanas para formar a cidadáns que queiran optar a un espazo dentro dos 13.000 m2 de hortas urbanas que existen nestes momentos en Vigo. Tal e como avanzou esta mañá o rexedor, este ano habilitarase a nova horta-escola de Ramón Nieto para novos usuarios que fagan os cursos básicos e para alumnado de segundo nivel. Estes últimos levan máis dun ano formándose e xa son o suficientemente autónomos para xestionar unha parcela de maior tamaño.
Outra das novidades deste ano será a incorporación nas instalacións de Sardomela dun grupo de alumnos e alumnas da Asociación Down Vigo, que traballarán en obradoiros de xardinería cun dobre obxectivo: formación e integración social. Nestes momentos están operativas as seguintes hortas: Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Sardomela e Camelias.