Escoitar

O alcalde urxirá ao Padroado do IFEVI a ampliación do recinto

A Xunta Directiva de Conxemar transmitiulle a Abel Caballero necesidade de ampliar o espazo dispoñible no IFEVI para poder acoller unha feira integral do conxelado e da conserva, unha acción que o alcalde seguirá demandando á Xunta de Galicia, e instárono a seguir potenciando o aeroporto de Vigo que nestes momentos ven "con moi bos ollos".

xoves, 3 mar 2016
O Comité de Dirección de Conxemar, reunido en Vigo, transmitiulle ao rexedor a "necesidade da ampliación do IFEVI", unha cuestión que Caballero "comparte na súa totalidade", porque é o lugar no que se celebra "unha das das dúas grandes feiras de alimentación do mundo" e teñen a intención de que sexa unha feira integral do conxelado e da conserva, para o que precisan máis espazo. Nese sentido, o alcalde sinalou que seguirá reclamando o aumento do recinto á Xunta de Galicia e que urxirá ao Padroado a traballar nesa dirección ao ser "un custo asumible para o IFEVI e para Galicia".

Abel Caballero manifestoulle aos empresarios do sector da pesca e a acuicultura, que conforman a Xunta Directiva de Conxemar, o seu recoñecemento e apoio polo labor que desempeñan e recibiu do órgano a suxestión de seguir potenciando o aeroporto de Vigo que "ven con moi bos ollos nestes momentos" e que consideran "unha grande prioridade", valorando positivamente o voo a Lisboa polas conexións que ofrece a zonas importantes de pesca. Afondando nas conexións aeroportuarias de Peinador, Caballero cre que "imos retomar o voo a París porque Air France quere facelo xa que lle dá conectividade" cos traxectos que ten implantados.