Escoitar

O Concello programa concertos didácticos para os escolares no Auditorio Municipal

O alumnado de cinco centros educativos vigueses asistiron este martes ao concerto "Tocar é sentir" a cargo da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional dentro dun programa didáctico que, segundo o alcalde, pretende que os nenos "entren en contacto coa música".

martes, 1 mar 2016
1456839856concerto2.jpg
Arredor de 200 alumnas e alumnos de cinco centros educativos vigueses asistiron este martes ao concerto "Tocar é sentir" ofrecido polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD) dentro do programa Música na Escola.

Abel Caballero, quen saudou aos escolares presentes no Auditorio Municipal, explicou que se trata dun programa co que o goberno local quere achegar a música a todos os centros da cidade de maneira que "os nenos e nenas entran en contacto coa música nunhas clases didácticas amenizadas e programadas polos profesionais das escolas municipais".

O programa inclúe varios concertos didácticos ofrecidos pola Escola Municipal de Música de Vigo e a E-TRAD e terá vocación de continuidade, segundo anunciou hoxe o rexedor.

Descargar todas as imaxes