Escoitar

O Concello adica 2,5 millóns para a recuperación da Panificadora, "unha decisión que levabamos esperando medio século"

O goberno local arrancou hoxe a recuperación da Panificadora coa dotación de 2,5 millóns para a compra de terreos na zona. O rexedor recalca a importancia dunha decisión "que levabamos esperando medio século".

venres, 28 out 2016
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá aos orzamentos para o ano 2017 cun importe que ascende aos 9,5 milóns, o que supón un aumento dun 33,5% sobre os 7,1 millóns de 2015. Entre as partidas, Caballero destacou en rolda de prensa 250.000 euros para a redacción dun novo Plan Xeral e neste punto reclamoulle ao goberno autonómico unha participación económica maior do 50% que a Xunta achega en casos similares, dado que a anulación do PXOM do 93 veu causada por unha actuación indebida da Xunta.

Respecto doutras partidas, o rexedor aludiu á urbanización da Avenida de Europa, axustándose ao Plan do 93, creando un paseo de 7 metros que vai de Coia a Samil; a achegas para as comunidades de propietarios que realicen obras de accesibilidade ou a execucións subsidiarias derivadas dos incumplimentos dos propietarios de órdenes de execución o de risco para os cidadáns.

A partida máis importante dentro deste orzamento para o inicio da recuperación da zona da Panificadora e do espazo lindante coa Praza do Rei, con 2,5 millóns nun proceso que avanza "moi en serio" xa que esta mesma mañá a Xerencia de Urbanismo aprobou un gasto de 124.657 euros para o prego do concurso de ideas para a ordenación urbanística da área. O gañador será o responsable de redactar o proxecto e recibirá 50.000 euros de premio. Trátase, dixo, dunha "importantísima" decisión porque levabamos medio século esperando, e imos a seguir marcando a pauta porque sabemos que a Zona Franca afronta este proxecto co mesmo entusiasmo que o Concello".