luns, 24 out 2016
"Vigo Pesqueiro", impulsada por Fundamar e ARVI conta coa cooperación do Concello de Vigo para dar a coñecer o patrimonio da ría de Vigo e o traballo das xentes do mar e das industrias contribuíndo a "potenciar a nosa imaxe de marca", tal e como apuntou Abel Caballero.
luns, 24 out 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento e conservación de o Parque de O Castro con un prezo de licitación de 255.000 euros. Tamén se aprobou o expediente de contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis cun orzamento máximo de 57.000 euros.
luns, 24 out 2016
Os alumnos de Secundaria de Vigo asistirán a varias sesións de formación contra a violencia de xénero organizadas desde o Concello. Baixo o título Conectamos ben trátase, dixo o rexedor, da mellor forma de loitar contra esta lacra é educando á mocidade.
luns, 24 out 2016
Como tódolos anos, O Museo Liste celebra o Samaín . Este ano na semana do 25 ao 28 do outubro visitarán o museo máis de 300 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos, participando nas distintas actividades previstas: contos, xogos e talleres relacionados co Samaín.