Escoitar

Samaín no Museo Liste

Como tódolos anos, O Museo Liste celebra o Samaín . Este ano na semana do 25 ao 28 do outubro visitarán o museo máis de 300 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos, participando nas distintas actividades previstas: contos, xogos e talleres relacionados co Samaín.

luns, 24 out 2016
1477300089samain.jpg
O Samaín, festa de transición da luz do verán á escuridade do inverno e celebración do fin das colleitas. Cunha orixe de mestura entre elementos diversos: festas de fin de colleita das primeira sociedades agrícolas, ritos romanos á deusa Pomona, rituais celtas e elementos da relixión católica.

A actividade constará dunha parte teórica onde coñecer aspectos salientables da celebración cíclica anual e varias partes prácticas de carácter lúdico.
Descargar todas as imaxes