Escoitar

O goberno local adxudica provisionalmente o servizo de mantemento do parque de O Castro

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento e conservación de o Parque de O Castro con un prezo de licitación de 255.000 euros. Tamén se aprobou o expediente de contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis cun orzamento máximo de 57.000 euros.

luns, 24 out 2016
O alcalde deu conta da adxudicación provisional do servizo de mantemento e conservación do Parque de O Castro, cun orzamento superior aos 255.000 euros e un contrato por tres anos. Na mesma Xunta de Goberno Local, tamén se deu luz verde ao expediente do deseño e produción das carrozas para a Cabalgata de Reis 2017. Deste xeito, ábrase o proceso de licitación por un prezo máximo de 57.000 euros.

Así mesmo, o goberno local instalará desfibriladores semiautomáticos en todos os pavillóns deportivos da cidade e formará a máis dun centenar de persoas para o seu manexo. Cun orzamento de 38.000 euros, colocaranse 14 equipos noutras tantas instalacións municipais.

Segundo detallou o rexedor, tamén se aprobou unha prórroga do contrato de servizos para a xestión e transporte dos escolares do programa educativo municipal "Vigo por dentro, coñece a túa cidade". Dado o éxito da iniciativa, a Xunta de Goberno local aprobou unha ampliación da iniciativa dado a calidade da prestación recibida.