venres, 28 out 2016
Os labores de recuperación quedan recollidos nunha exposición no cemiterio de Pereiró, onde tamén se poden consultar os libros de soterramento do arquivo municipal no que figuran as actas de Martínez Garrido, Antela Conde ou Heraclio Botana. O cemiterio de Cíes recupérase así para "a memoria e coñecemento da cidade"
venres, 28 out 2016
Un acordo de colaboración entre Concello e o Ministerio de Fomento permitirá a recuperación e posta en valor das murallas de O Castro, do século XVII. Asi o avanzou esta mañá Abel Caballero quen tamén deu conta da contratación das obras de humanización da segunda fase da rúa Ferreiros.
venres, 28 out 2016
O espectáculo represéntase o domingo día 6 de novembro no Auditorio Mar de Vigo ás 17:30 horas da tarde organizado por FUNDEGA, Fundación para o Desenvolvemento Educativo de Galicia. Trátase dunha divertida comedia musical baseada no texto orixinal de Mark Twain.
venres, 28 out 2016
A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan as xornadas formativas:"Unidas contra as Violencias Machistas" que terán lugar en Vigo os días 4 e 5 de novembro.
venres, 28 out 2016
Informase a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.