O alcalde convida á cidade a gozar do musical solidario "Adán y Eva en Broadway"
O espectáculo represéntase o domingo día 6 de novembro no Auditorio Mar de Vigo ás 17:30 horas da tarde organizado por FUNDEGA, Fundación para o Desenvolvemento Educativo de Galicia. Trátase dunha divertida comedia musical baseada no texto orixinal de Mark Twain.
Abel Caballero presentou este venres o musical "Adan y Eva en Broadway" que chega ao Auditorio Mar de Vigo o vindeiro domingo 6 de novembro cunha proposta familiar e solidaria, xa que os fondos que se recaden coas entradas irán destinados á Fundación para o Desenvolvemento Educativo de Galicia, FUNDEGA.
O rexedor convidou a toda a cidade a gozar "dun grande espectáculo" tendo en conta ademais o carácter solidario xa que os beneficios se destinan a "unha acción exemplar" e puxo en valor o argumento que recrea a relación entre Adán e Eva no paraíso desde o día no que se creou o mundo a través de cancións orixinais. Así, felicitou a FUNDEGA e ao Colexio Montecastelo pola posta en marcha do evento.
O musical é unha adaptación da obra "Los diarios de Adán y Eva" de Mark Twain e será representada pola compañía Jana Producciones, que na súa traxectoria en espectáculos musicais xa ten recibido dous premios Max das Artes Escénicas.
Na presentación estiveron presentes Beatriz Terol, patroa de Fundega, e José Luis Prieto, o presidente, quen agradeceu a colaboración do Concello e dos patrocinadores nun evento que contribuirá ao labor educativo que desenvolve a Fundación creada no ano 2004 e, que nestes momentos, axuda económica a máis de 200 familias galegas.
As entradas xa poden adquirirse en Ataquilla.com por prezos que van desde os 10 aos 12 euros.
Descargar todas as imaxes