O alcalde anuncia a recuperación do cemiterio das Illas Cíes que data de 1925
Os labores de recuperación quedan recollidos nunha exposición no cemiterio de Pereiró, onde tamén se poden consultar os libros de soterramento do arquivo municipal no que figuran as actas de Martínez Garrido, Antela Conde ou Heraclio Botana. O cemiterio de Cíes recupérase así para "a memoria e coñecemento da cidade"
O rexedor visitou hoxe o Cemiterio de Pereiró onde percorreu a mostra que recolle os labores de recuperación do cemiterio das Illas Cíes realizada polo Concello e que, ata agora dixo, era descoñecido por unha parte da cidadanía viguesa e que o goberno municipal quixo "recuperar para a memoria e o coñecemento de Vigo". Durante a visita, estiveron presentes familiares de persoas soterradas alí.
Segundo explicou Abel Caballero, o alcalde Gregorio Espino asinou a autorización para a súa construción no ano 1925, logo de escoitar as demandas dos habitantes das Illas, que consideraban necesaria a infraestrutura porque aínda que o costume marcaba que os corpos se soterrasen nas dunas a natureza devolvía os restos.
O camposanto de Pereiró alberga tamén unha exposición dos libros de enterramento que se gardan nos arquivos dos cemiterios que o rexedor considera "pezas de museo e xoias bibliográficas" e nos que se poden consultar as actas do soterramento de Martínez Garrido, Antela Conde ou Heraclio Botana e todas as persoas "fusiladas e asasinadas no sanguento mes de agosto de 1936".
O alcalde puxo en valor o patrimonio de Pereiró como "unha xoia da arquitectura" xa que nos seus panteóns queda reflectida a evolución histórica da arquitectura, de maneira que a visita aos cemiterios, máis alá do motivo relixioso ou persoal, permite coñecer "unha parte da historia da cidade". Neste obxectivo enmárcanse as visitas guiadas por personaxes históricas de época como Concepción Arenal, Cachamuíña ou a Marquesa de Valladares, que se están desenvolvendo ao longo desta semana en Pereiró e que percorren a orixe e desenvolvemento da historia de Vigo a través do seu relato figurado. Caballero avanzou que o cemiterio de Pereiró acollerá un concerto o próximo martes día 1 de novembro a cargo dun quinteto de corda e vento.
Máis autobuses para visitar os camposantos
O rexedor informou do reforzo de todas as liñas regulares de autobuses urbanos que conectan cos cemiterios de Teis, Bouzas, Pereiró, Zamáns, Puxeiros, Beade, Candeán, Cabral, Matamá, Alcabre e San Andrés con motivo da festividade de Tódolos Santos este martes día 1 de novembro. Ademais, as liñas C3 (entre Coia e Travesía, ida e volta), L15 (con saídas de Colón a Puxeiros e Puxeiros-Colón) e L17 (dende E.Lourenzo cara Pereiró e no sentido contrario) dispoñerán dun servizo de frecuencia ampliado.
Descargar todas as imaxes