Escoitar

Caballero anuncia que "un gran trail", o Montes de Vigo, decide o domingo os campións da Copa galega

Uns trescentos atletas participan este domingo na terceira edición do Trail Montes de Vigo, que o alcalde da cidade, Abel Caballero, definiu como "un gran trail".

xoves, 27 out 2016
1477575693trial.JPG
A proba está organizada pola Mancomunidade de Montes de Vigo, Clube de Montaña Xistra e a Federación Galega de Montañismo e tocará Fragoselo, Oia, Saiáns, Matamá, Valadares e San Andrés de Comesaña, "cun número moi significativo de participantes", dixo o rexedor.

Este ano a organización conta co apoio de Decathlon ("agrádanos ver a esponsorización e a presenza dos que cooperan na divulgación do deporte a través destas accións", suliñou Caballero) e oferta ata tres probas nunha: o trail de 35,5 quilómetros (saída ás 9:00 horas), un minitrail de 19 quilómetros (9:30) e unha carreira popular (fixada para as 10:00) "que queremos potenciar tamén en próximos anos", declarou Uxío González en representación dos organizadores.

O alcalde anunciou que aproveitando esta presentación asinábase "o convenio coa mancomunidade de montes para unha campaña de sensibilización, información, limpeza e divulgación de rutas e, adicionalmente, a achega de 145.000 euros polo Plan de Emprego para contratar persoal naquela teoría de que os incendios apáganse no inverno, coidando os montes e non esperando ao verán para apagalos coas mangueiras", manifestou.
Uxío González animou aos afeccionados a seguir esta proba atlética de montaña e lembrou que só a competición máis dura pasa polo Alba e o Cepudo, con "subidas importantes. Os montes están espléndidos e o día vai ser espectacular".

A liña de saída e meta situarase en Fragoselo, preto do campo de adestramento do Coruxo FC, e a emoción será absoluta: é a quinta e derradeira proba correspondente á Copa Galega de carreiras por montaña. A Copa empezou en Maceda (Ourense) en maio, seguiu en Chandrexa de Queixa (Ourense) en xuño, e en xullo tamén saltou á provincia de Pontevedra (Cuntis) para retornar a Ourense (Parada do Sil) ese mesmo mes.
Por segundo ano consecutivo esta proba pertence á Copa Galega de carreiras de montaña aínda que é o primeiro ano que Vigo decide os campións.
Descargar todas as imaxes