Escoitar

Concello e Deputación respaldan o I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e Norte de Portugal

O alcalde abondou esta mañá na necesidade de ir abrindo novas vías de turismo que complementen ao gran proxecto de atracción que é Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade. Con este obxectivo, Caballero e Carmela Silva participaron na apertura do I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e do Norte de Portugal.

mércores, 26 out 2016
1477484598fundamar.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva inauguraron esta mañá de mércores o I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e do Norte de Portugal que hoxe organizou Fundamar na Cooperativa de Armadores de Vigo e que financian Concello de Deputación, con 20.000 e 10.000 euros, respectivamente. O rexedor enmarcou esta iniciativa nunha forma de ir abrindo pautas de novo turismo na ciadade. Trátase, dixo, de promocionar os nosos sectores productivos: o mar, a pesca, os astaleiros, unha estratexia complementaria ao gran atractivo turístico que é Illas Cíes.

Caballero lembrou que o pasado verán foi o mellor historicamente en termos de afluencia de visitantes e o obxectivo é seguir crecendo. Neste senso, explicou que, unha vez pechada a etapa de dar a coñecer as Illas Cíes por toda España, o Concello xa está no momento de realizar a candidatura efectiva a Patrimonio da Humanidade para que o primeiro paso será redactar un documento informativo que, a través da Fundación Vigo Convention Bureau, se enviará á Xunta para que de forma inmediata as Illas Cíes sexan precandidatas a recibir o recoñecemento medioambiental da UNESCO. Caballero reiterou que esta iniciativa é un proxecto colectivo con moitas expectativas xa que se reúnen moitos dos requisitos esixidos.
Descargar todas as imaxes