Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 21 out 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 23/10/2016 en horario de 07:30 a 14:00 .

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de limpeza dos túneles de Beiramar e Isaac Peral, en horario nocturno, a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo, estarán pechados ao tráfico os túneles das rúas BEIRAMAR e ISAAC PERAL, dende o 24/10/2016 ás 23:00 horas ata o 29/10/2016 ás 05:30 hoiras.
Programa de peches: 24/10 Túnel Beiramar lado terra. 25/10 Túnel Beiramar lado mar. 26/10 Túnel Beiramar lado terra ou mar segundo necesidades. 27/10 Túnel acceso AP9. 29/09 Túnel saída AP9. Inicio do peche ás 23:00 horas, fin ás 05:30 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 75755/250, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A., estará pechada ao tráfico a rúa PRESA Nº 21 (TEIS), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 24/10/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 72533/250, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A., estará pechada ao tráfico a rúa MACAL(CASTRELOS) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 24/10/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.