Escoitar

O goberno de Vigo promove con 50.000 euros a instalación de ascensores e a mellora da accesibilidade en edificios

O Concello inicia o procedemento para a convocatoria de axudas, por concorrencia competitiva, á instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos. O alcalde revelou que a convocatoria de 2017 ascende a 50.000 euros.

martes, 14 mar 2017
Abel Caballero anunciou hoxe martes o inicio do proceso administrativo para a concesión de axudas económicas á instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos para o ano 2017, unha convocatoria por concorrencia competitiva á que o Concello de Vigo adica 50.000 euros.

As bases para optar ás axudas municipais recollen que os edificios deben ter máis de vinte anos, segundo explicou o rexedor, quen engadiu que o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.