xoves, 4 dec 2003
O Centro Cultural Caixanova acolle a I Gala Anual do Comercio, patrocinada pola Concellería de Comercio, Caixanova e maila Consellería de Innovación Industria e Comercio.O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, pechará este acto, no que se espera a asistencia de máis de 400 comerciantes, así como a actuación do grupo de música celta AVALON.
luns, 27 out 2003
A Concellería de Turismo e Comercio do Concello de Vigo colaborar coas asociacións de comerciantes da cidade na decoración lumínica das rúas durante as festas do nadal, seguindo políticas de aforro enerxético e paliativas da contaminación lumínica.
martes, 21 out 2003
Potenciar o turismo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un dos obxectivos fundamentais do certame Expogalaecia que se celebrará en Vigo entre os días 30 de outubro e 2 de novembro no marco da feira multisectorial Vigofeira, que alcanza su décima edición.
venres, 10 out 2003
Os amigos e amantes da bicicleta teñen unha cita este domingo nas rúas da cidade na marcha ciclista "Vigo , a golpe de pedal" que organiza a asociación do mesmo nome coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio. A cita o día 12 ás 10.30 horas na praza do Rei.
xoves, 9 out 2003
O Concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, pronuncio onte a lección inaugural da Escola Superior de Turismo Welton co título "O Turismo en cifras" na que defende unha política de diversificación dos productos turísticos para paliar a estacionalidade da demanda.
mércores, 8 out 2003
O concelleiro de Comercio, Lois Pérez Castrillo, realizou unha visita de inspección ó Mercado do Berbés para constatar o estado das instalacións do mesmo e as obras realizadas recentemente no mesmo.O concelleiro estivo acompañado da presidenta da Asociación de Comerciantes do mercado, María Teresa Vázquez e a xerente do mesmo, Inmaculada Marín Gómez.
xoves, 2 out 2003
O concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, destacou que Vigo recibiu a máis de 50.000 visitantes de cruceiros durante os meses de verán e se espera a chegada ata finais de ano de 20 cruceiros.
mércores, 1 out 2003
O concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, presentou a marcha ciclista "Vigo, a golpe de Pedal" que discurrirá por diferentes lugares da cidade co fin de facer deporte en familia e pasar un día divertido. É a segunda edición da marcha, organizada por amigos da bicicleta "A golpe de pedal"; a cita será o domingo 12 de outubro ás 10.30 horas na praza do Rei.
Anuncio de Turismo e Comercio
xoves, 25 set 2003
Comunícase a todas as asociacións de comerciantes, veciñais ou doutra índole interesadas en acollerse á gratuidade do consumo da iluminación do Nadal 2003, que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de outubro.
luns, 15 set 2003
A Comisión e Goberno aprobou hoxe a o prego de condicións técnicas para a contratación dun estudio de viabilidade para o Mercado de Abastos do Berbés con propostas de remodelación e programa de actuacións a corto, medio e longo prazo.