A industria naval cítase en maio no IFEVI
O próximo mes de maio celebrarase en Vigo a Primeira Feira Internacional da Industria Naval e que presentaron hoxe á alcaldesa os membros do comité executivo de Navalia. A feira quere converterse nunha ferramenta de promoción e de negocio do sector naval mundial contribuíndo á economía diaria da cidade.
A industria naval atopase na actualidade nun bo momento histórico, debido á crecente demanda de transporte marítimo e o conseguinte auxe dos portos. Neste senso, Navalia presentase como o punto de encontro para internacionalizar un sector que en Galicia representa máis do 50% dos estaleiros españois e máis do 50 % da man de obra empregada na industria naval.
Dentro desta situación, segundo os organizadores da feira, Vigo debe pór como obxectivo a medio prazo a atracción de investimento en ben de equipo.
Descargar todas as imaxes
Dentro desta situación, segundo os organizadores da feira, Vigo debe pór como obxectivo a medio prazo a atracción de investimento en ben de equipo.