Sonora06 fomenta os sons máis actuais e vangardistas do panorama internacional
A Universidade de Vigo, a través do Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Estudantes, organiza Sonora06, en colaboración coa promotora Sinsalaudio. Neste segundo cuatrimestre de curso, pasaranse polo escenario do teatro Vidal Bolaño, no marco deste ciclo de música vangardista e actual, os portuguerses Legendary Tiger Man, os asturianos Manta Ray, os galegos Sebastopol e os austriacos Sofa Surfers.
Trátase de grupos dunha calidade indubidable en cada un dos estilos que tocan. Legendary Tiger Man, moi valorado no seu país de orixe, Portugal, así como en Francia, rara vez actúa en España, polo que esta é unha ocasión única para escoitar esta banda de "rythm and blues" en Galicia. Encargaranse de ser os teloneiros de Manta Ray. Pola súa banda, o grupo asturiano marca a vertente eléctrica de Sonora06, cunha posta en escena con torres de electricidade e sons metálicos. Estas propostas musicais están previstas para mañá mércores, 5 de abril. Os concertos empezarán ás 17,30 e 19,00 horas, respectivamente.
Ao seguinte día, daranlle o relevo os galegos Sebastopol, banda de pop formada en febreiro de 2004 e que xa participou o ano pasado no Festival Sinsal. Ese mesmo día, tocaralle a vez ao grupo máis destacado de toda a programación de Sonora06, os austriacos Sofa Surfers, sendo a súa actuación en Vigo a única, xunto a Barcelona, que darán en España; todo un luxo.
A crítica internacional califica a Sofa Surfers como "os mellores representantes do trip hop europeo fóra do dominio que exercen os ingleses Massive Atack". Trátase dun colectivo multimedia especializado en ritmos de barrio mesturados con club e referencias de jazz. Os seus discos son creativos e as súas actuacións moi populares pola forza que desatan na escena. Teñen cinco discos publicados ata a data e cada un deles está condicionado polos distintos momentos musicais que arrastrou a chamada música electrónica. Deste xeito, nas súas últimas produccións reinan os sons máis próximos ao rock.
Sonora06 é unha peza clave da programación cultural organizada polo Vicerreitorado de Extensión Universitaria que pretende formar aos estudantes como públicos de futuro. No caso deste ciclo eminentemente musical, o esforzo levado a cabo polo Vicerreitorado enténdese como unha aposta polas creacións de calidade e máis propias de circuitos lonxanos ao galego que permitan dar un punto de vista máis actual e aportar maior variedade a un auditorio xoven.
Descargar todas as imaxes