Escoitar

Exposición da pintora Paula Gozalo

Dende o luns pódese ver na sala de exposición da Casa da Xuventude unha mostra dos traballos da xove artísta Paula Gozalo

martes, 4 abr 2006
1144155561xuvent.jpg
Paula Gozalo, pintora viguesa mostra nas súas obras unha mixtura de dúas correntes, unha que emana das raíces galegas da propia autora e outra da influencia de correntes da época dos anos 60. Na súa obra teñen cabida obras paisaxísticas, figurativas, intimistas, e abstractas.

A exposición estará aberta ata o 17 de abril en horario de 10 a 14h e de 17 a 21 horas, na sala da Casa da Xuventude (López Mora,31)
Descargar todas as imaxes