Os comerciantes de Cabral e a Xunta cofinanciarán obras no mercado desta parroquia
O mercado de Cabral verase mellorado grazas a unhas obras que serán cofinanciadas pola propia asociación de comerciantes desta parroquia e a Xunta de Galicia. O investimento total é de 71.660 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un proxecto de convenio de colaboración para a realización de obras de mellora no mercado de Cabral. Segundo este acordo, a asociación de comerciantes da citada parroquia comprométese a cofinanciar esta actuación con 7.166 euros sobre un total de 71.660.
As obras contan cunha subvención da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de 50.162 euros. Os 71.660 euros de investimento total servirán para construír tres rampas, construír e montar peches, limpar as fachadas e reparar os baños, adaptándoos para persoas minusválidas. Isto non suporá ningún tipo de compromiso de gasto para o Concello.
A licitación deste proxecto realizarase, segundo acordou a Xunta de Goberno, mediante procedemento negociado sen publicidade ou contrato menor, se procedese por razón de contía. A Xunta de Goberno tomou esta decisión porque a Consellería esixe que as obras se realicen e estean xustificadas antes do 31 de outubro.
Mercado do Berbés
Por outra parte, a Xunta de Goberno acordou solicitarlle á Consellería de Innovación, Industria e Comercio que destine unha subvención de 9.828 euros concedida para a limpeza da fachada do mercado do Berbés, á instalación da maquinaria de control de accesos para o garaxe deste mesmo mercado. A limpeza da fachada conta cun investimento de 14.040 euros, fronte aos 19.990 previstos para a actuación no garaxe.