As rúas San Payo de Navia e Fontáns contarán cunha nova rede de abastecemento de auga
A Xunta de Goberno Local aprobou técnicamente hoxe luns o proxecto de instalación dunha nova rede de abastecemento de auga nas rúas San Pelayo de Navia e Fontáns, así como o de execución das obras da fase 1 de arranxo e substitución de carpinterías exteriores do edificio da Casa das Artes.
As obras de substitución dos actuais canos de abastecemento das rúas San Pelayo de Navia e Fontáns, por uns novos de fundición dúctil, contan cun orzamento base de licitación de 312.793 euros.
No caso de San Pelayo de Navia, a conducción de abastecemento terá 1.305 metros de lonxitude. O trazado dividirase en dous tramos, un primeiro de 1.189 metros que terá un diámetro de 200 milímetros e outro de 116 metros cun diámetro de 150 milímetros, discorrendo ambos paralelamente ao actual. Como complemento a esta rede construiranse vinte arquetas e instalaranse catorce bocas de rego, vintecinco válvulas e cinco hidrantes de incendios.
Na rúa Fontáns prevese a actualización de 166 metros de rede, en tres tramos de 49, 98 e 19 metros, mediante a instalación de novos ramais de 100 milímetros de diámetro. Aquí construiranse catro arquetas e instalaranse dúas bocas de rego, tres válvulas e un hidrante para complementar a rede.
Outro proxecto que recibiu o visto bo da Xunta de Goberno hoxe luns é o de execución das obras da fase 1 de arranxo e substitución de carpinterías e persianas do edificio da Casa das Artes. O Concello investirá nestes traballos 99.331 euros.
"Vigo a golpe de pedal"
Ademais, resultou aprobada a solicitude da Asociación "Conoce Vigo a golpe de pedal" de autorizar a organización da IV marcha en bicicleta
"Vigo a golpe de pedal", os días 24 e 25 de setembro.
A Xunta de Goberno tamén acordou solicitar á Xunta de Galicia a renovación da subvención para prorrogar as contratacións das técnicas locais de Emprego. A cantidade solicitade é de 37.492 euros.
Por último, aprobouse unha subvención de 2.885 euros á Asociación de Veciños "Pontenova-Freixeiro" para financiar o alugamento do seu local socio-cultural para o ano 2005.
Descargar todas as imaxes