Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche das rúas Marqués de Valladares e Carral

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización dos arredores da Praza de Compostela quedarán pechadas ao tráfico as rúas Carral e Marqués de Valladares, con acceso exclusivo para residentes, a partir do luns 19 de setembro de 2005 ás 00:00 horas.

venres, 16 set 2005
Ao mesmo tempo e para garantir a mobilidade da zona, reabriranse ao tráfico rodado as rúas Victoria e García Olloqui no treito desta entre Luis Taboada e Victoria.

Os vehículos que procedentes da rúa Cánovas del Castillo pretendar chegar á rúa Colón, deberán continuar por García Olloqui e Victoria.

O acceso ao barrio histórico da cidade pola rúa de Gamboa quedará establecido a través das rúas García Olloqui e Victoria. O itinerario dos vehículos con sentido Areal – Beiramar non se verá modificado da situación actual e continuará a se facer por Concepción Areal e Luis Taboada para acceder a García Olloqui e Cánovas del Castillo.

As paradas de transporte público VITRASA da rúa Marqués de Valladares trasladaránse á rúa Victoria e ubicarase unha nova na rúa García Olloqui.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.