O centro de día "Atalaia" contará con 40 prazas para persoas maiores
A alcaldesa, Corina Porro e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, visitaron as instalacións do que será o centro de día "Atalaia" que disporá de 40 prazas para persoas maiores con autonomía reducida. A visita enmarcouse nos actos que se celebraron está mañá con motivo da presenza institucional a Vigo do vicepresidente da Xunta de Galicia.
O centro virá a paliar o déficit de instalacións públicas deste tipo que padece a cidade. Na actualidade, Vigo dispón de 25 prazas concertadas coa Cruz Roja Española nas súas instalacións de Canovas del Castillo, onde se empraza o hospital desta institución.
A creación do centro de día no edificio Atalaia permitirá a disposición de ata 40 prazas e respondese coa necesidade de achegar o servicio aos distintos barrios, procurando atender aos usuarios da zona ou evitando no posible os largos traslados dos mesmos ata o mesmo centro.
A xestión do centro será de responsabilidade municipal en contrato de servicios ou conveniada con algunha institución.
O obxectivo deste novo centro é dispor duns equipamentos especializados non residenciais, de contido sociorehabilitador, dirixidos a persoas maiores con autonomía reducida, do que a finalidade principal é a de conter as perdas funcionais, favorecer o mantemento no seu medio habitual de convivencia e apoiar aos seus familiares.
O centro prestará atención xeriátrica e rehabilitadora, coidados persoais, asistencia médica preventiva, terapia ocupacional, atención psicosocial, actividades físicas..., en réxime de media pensión.
Segundo o Goberno Local é necesario continuar con esta política de creación de centros e tamén que a Xunta de Galicia teña a sensibilidade necesaria para apoiar aos Concellos, concedendo axudas específicas non só para a súa construcción, senón para o elevado custo do seu funcionamento que nestes momentos soportan os concellos e os usuarios.
O 27 de outubro de 2004 a Consellería de Asuntos Sociais e o Concello de Vigo subscribiron un convenio de colaboración para a creación dun centro de día para persoas maiores no edificio municipal situado na Avda. de Dona Fermina, 5, coñecido como edificio "Atalaia", cun investimento de 390.000 euros que achega a Xunta de Galicia.